miércoles, 7 de diciembre de 2016

AMBIENTE PERSOAL DE APRENDIZAXE


     Estamos a piques de rematar o curso de Platega "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación".
        Neste curso aprendimos  a xerar  a nosa propia PLE coñecendo ferramentas útiles como Blogger, Twitter,  Feedly, Diigo, Pinterest, Google Docs... e a rede SocialWire, desde onde podemos contactar con outros docentes e  compartir informacións, reflexións e realizar traballos colaborativos.
        E agora teño que organizar e comezar a aplicar o aprendido, que foi moito.
        Moitas grazas aos titores pola atención e ánimos continuos.




viernes, 18 de noviembre de 2016

A CURACIÓN DE CONTIDOS


     A curación de contidos consiste en buscar, agrupar, organizar e compartir contidos relevantes dun determinado tema, transformándoos en coñecemento.

     Fases na curación de contidos:

  1. BUSCAR información sobre un determinado tema.
  2. FILTRAR os contidos máis relevantes para nós.
  3. ELABORAR, se é posible, aportando os nosos coñecementos actuais.
  4. COMPARTIR a información.
  5. AVALIAR, para axustar unha próxima curación.
     No desenvolvemento da competencia dixital do noso alumnado cobra especial importancia a curación de contidos.

     Para saber máis:







viernes, 14 de octubre de 2016

PRESENTACIÓN

   




     Este é o blog do departamento de orientación do CEIP Nº 2.
     Dende aquí, o equipo de orientación do colexio, queremos proporcionar informacións diversas a toda a comunidade educativa:

  • Normas de funcionamento do colexio.
  • Actividades de convivencia.
  • Recursos educativos interesantes.
  • Bolsas e axudas.
  • ...

     E sobre calquera tema no que podades estar interesados,  só tedes que solicitalo ao equipo de orientación ou á persoa titora correspondente.
     Esperamos  as vosas visitas!!!

     Ollade tamén a  páxina web do colexio.

    E, para comezar coa difusión, enlazamos cun dos nosos blogs favoritos:

   Orientacion en Galicia